18.9.12

Pementos de Herbón

É unha variedade de pemento con Indicación Xeográfica Protexida. O nome de Herbón provén do toponimo da parroquia padronense. É un pemento de pequenas dimensións que ademais do seu intenso sabor, hai una probabilidade entre o 10% e o 25% de que sea extremadamente picante.

Historia do pemento

  • Foi introducida en Galicia iniciando o seculo XVII adaptándose mediante selección ao clima de Galicia.
  • No seculo seguinte foi unha importante fonte de ingresos e á súa vez estableceronse novas tecnicas de cultivo.
  • A partir do ano 1995 os pementos foron recoñecidos como producto de denominación de orixe e a súa vez íase facendo máis famoso no mundo.
  • Dende 1978 celebrase a festa do pemento de Herbón que se inicia o primeiro sábado de Agosto.
Caracteristicas

O pemento de Herbón pode chegar a medir entre 3,5 cm - 5,5 cm de lonxitude e 1,5 -2 centimetros de diámetro na parte máis ancha. Cun peso medio dentre os 3,4 - 4,5 gramos por unidade, pódense encontrar nas concas do río Ulla e o seu afluente... o Sar.

A área de produción controlada pola denominación é dunhas 14 héctareas baixo invernadoiro e de 20 héctareas ao aire libre. A produción total anual é duns 1,3 millons de quilos.