14.10.12

50 anos de Love Me Do


Fai dous venres cumpriuse o 50 aniversario do lanzamento do primeiro gran éxito dos Beatles. É posible que algún de vos non sepades o impacto e o significado que tiveron as cancións "Fab Four" na sociedade da segunda metade do século XX.  


A canción "Love Me Do" foi escrita cando Paul McCartney estaba no colexio, en 1958.A canción tivo, inicialmente, o estilo do dúo Everly Brothers ata que John Lennon introduciu a harmónica. Gravouse con tres baterías distintos, pero se publicou con Ringo Starr ás baquetas. 

Pero foi a canción "She Loves You" a que disparou a "beatlemanía" en todo o mundo mentres que os "Fab Four" movían o flequillo sobre un escenario cheo dun público gritón. 

A canción "Can't Buy Me Love" foi determinante polo seu impacto visual na película "A Hard Day's Night", que marcou un un antes e un despois no cine musical. Foi, probablemente, o primeiro videoclip da historia.