29.10.12

A noite das bruxas esta cerca. Samaín

A festa máis importante do ano para os espíritus ,as bruxas encontranse  moi preto, é este 31 de Outubro, O Samaín. Esta festa _como ben dixen antes_ esta dedicada a todo tipo de monstros.  

É unha festividade céltica, que significaba o fin da colleita. Aínda  que crían que as almas dos defuntos  retornaban as súas casas para visitar aos seus familiares vivos.


Houbo unha recuperción en Galicia do Samaín grazas ao profesor Rafael López Loureiro que foi  o principal defensor da tese galeguidade do samaín e a outro profesor Xoán Xosé Pérez Labaca que defendeu a pervivencia do samaín en Galicia.


Hai un tradición en Galicia  que é de tallar as cabazas con caras tenebrosas, esta tradición  volveuse a celebrar  hai máis de 30 anos, xa usabase na época dos celtas. Hai moitas máis como deixar un plato  de sobra nas mesas, facer colares de castañas.