8.10.12

Comida típica de Colombia

   

      Voume acoplar con Cristin...  Por qué? estarédesvos preguntando...

Pois ben, porque tamén vouvos a falar dunha comida moi típica do meu país, Colombia.
E que sei, que si o meu compañeiro César le a miña entrada pasarían tres cousas: a primeira que se vai contaxiar, a segunda que vai ter fame e por última e menos importante, que cando chegue a casa, vaille dicír a súa nai que lle faga algunha destas comidas colombianas.

Eu voume centrar nunha comida xa que é unha das máis típicas, debido a que, sempre que as famillias están de vacacións, soen saír nalgún lugar onde esté un río para poder bañarnos e que sexa o lugar ideal e cálido para pasar todo un día en familia, contando desde os avós ata o neto máis pequeno.

A comida chámase "Sancocho de Gallina", os seus compoñentes son: dúas galiñas, cebola, tomate, yucá, platano verdes e pintones, mazorga, cilantro, cor... A orixe do Sancocho colombiano ven do cocido español, da olla podre española e doutros países europeos.

O máis interesante disto é de como as comidas sendo de dous países contrarios, un en Europa e outro en América, teñen que ver coa súa orixe aínda que, moitos ingredentes foron eliminados e outros engadidos.

É moi fácil de facer, o incoveniente é que aquí non hai os ingredentes que faltan.
Pero aquí vos deixo a receita e algunhas das fotos.