28.10.12

Cordelúa

Con esta historia de Elia Barceló conseguirás introducirte case por completo nun ambiente  medieval e fantástico de cabaleiros e doncelas. Nela mestúranse dúas historias totalmente diferentes pero encadeadas e paralelas á vez. E é que, en realidade, trátase soamente dunha historia que transcorre na época medieval e reencárnase de novo mil anos máis tarde.
No medievo todo comeza cando Sancho, un cabaleiro da mesnada de Don Rodrigo, bica a unha dama chamada Brianda, madrasta de Guiomar, da que logo, Sancho se namora e coa que casa. En sinal do seu amor, dalle a Guiomar unha das bólas da cor da lúa que tiña Cordelúa, a súa espada, el queda coa outra. Por esta razón, Brianda, anóxase moitísimo con Sancho e pide axuda a un mago para vingarse deles. Sancho, mentres tanto, non é consciente de que o que realmente o está condeando é Cordelúa, a espada máxica que gardaba unha historia de vinganza e que facía que quen a posuíra vise incrementados todos os seus sentimentos. 

Por outra banda, mil anos despois, uns xóvenes actores fan unha viaxe de teatro a un vello mosteiro, onde algúns deles comezan a ter pesadelos estranos. Aquí, os protagonistas correspondentes a Brianda, Sancho e Guiomar son Bárbara, Serxio e Gloria. Os que, neste mosteiro, revivirán unha antiga historia de maldición e amor nas súas propias carnes e que, durante a historia irán atopando pistas, coma cando entran na cova da Virxen das Pedras e atopan un gravado coas letras “S, G”, entón, van atando cabos.
Este libro, na miña opinión, demóstranos que cando un amor é verdadeiro non morre aínda que pasen centos de anos por riba del. Quén sabe, pode que ti tamén estés revivindo unha historia de amor do pasado. Non che parece marabilloso imaxinalo?