13.10.12

Día Internacional para a Redución dos Desastres Naturais

Hoxe 13 de outubro, é un día para promover unha cultura mundial de redución dos desastres naturais para prevenilos, mitigalos e estar preparados para eles. Búscase estender o respeto pola diversidade; e reducir o número de mortes, afectación económica, social e ambiental que derivan dos peligros naturais e desastres tecnolóxicos e ambientais.

Neste día preténdese fomentar a colaboración solidaria de tódolos estados do planeta, dado que ningún está exento de ser unha posible vítima. A estratexia basease nas asociacións de colaboración onde participan tódolos individuos e comunidades coa fin de reducir as as consecuencias ao máximo.




As bases principais deste plan son moi sinxelas. Para comezar preténdese aumentar a conciencia da xente respecto aos riscos e vulnerabilidade dos desastres, xa que canta máis información teñan as poboacións de todo o mundo, o modo de facer frente aos desastres será máis eficaz. É fundamental lograr o compromiso das autoridades de cada estado tanto para a colaboración con outros estados como na educación lexislación.

Nun día coma este tamén quérense estimular alianzas interdisciplinarias e ampliar as redes de redución de riscos a través da inclusión e participación pública. E sobretodo, aumentar os coñecementos científicos sobre as causas dos desastres e os efectos dos perigos naturais dentro das sociedades.