11.10.12

FÚTBOL GAÉLICO



O fútbol gaélico orixínase no século XVI aínda que empeza a coller popularidade no século XIX.
É un deporte que varía do fútbol mesturado co rugby e xógase maiormente en Irlanda,o seu país de procedencia.
Aquí na nosa querida cidade da Coruña tamén se xoga este deporte, de feito, temos un equipo:
Os Fillos de Breogán que se fundou no ano 2010.
Os fillos de Breogán na cidade
deportiva da Torre de Hercules



O seu regulamento é moi sinxelo, cada equipo consta de 15 xogadores contando ao porteiro, teñen
dúas porterías formadas por una rede na parte inferior e dous barras na parte superior formando un  H, tamén ten un campo similar ao do fútbol pero lixeiramente máis grande e un balón de coiro algo pesado. Cada partido dura 70 minutos(35 minutos cada parte).
Partido entre Kerry e Tyrone