18.10.12

Lembrando a catástrofe do Prestige

Estos días volvemos a lembrar a catástrofe do prestige posto que estase a celebrar o macroxuízo na Expocoruña por esta causa. Recordo falar os meus tíos mariñeiros da tristura que lles produciu ver toda a Costa da Morte manchada por este veneno negro. Houbo unha marea branca con cantidade de voluntarios de todos os rincóns de España e incluso de Europa que prestaron a súa axuda á limpar as diferentes praias.

Grazas a plataforma cívica Nunca Máis, que aglutinou toda a indignación de todos os galeg@s, conseguiron que os políticos que tiñan a responsabilidade tanto a nivel estatal como autonómico estiveran avergoñados pola mala xestión que levaron a cabo durante a catástrofe. Demostrando unha vez máis que a sociedade galega pasoulles por riba. 


Dez anos despois a nosa costa volve estar totalmente recuperada. Esperemos que estes sucesos non se volvan repetir nas nosas costas e que os políticos tomen as medidas necesarias para evitalo.