22.10.12

España fai unha viaxe ó pasado! pero non deduce nada...



Ultimamente, o único que escoitamos na radio, na televisión, nas escolas... é falar de recortes.





España, nestes momentos, poderíase comparar cun corpo que está enfermo por un virus, e aínda que non sabemos moi ben cal foi o que o causou e como curalo, si sabemos que intentando alimentar ben o país, mentres tanto, pode sacarnos de moitos apuros. Este corpo noso ten dúas pernas que sosteñen o resto do corpo e son básicas no noso país, e son a sanidade e a ensinanza. Agora dóenos o corpo e acudimos ó “médico” que nos di: imos "recortar" as pernas, para non sentir dor nelas e a ver se así se cura o resto do corpo. Isto é o remedio que nos propoñen para todo. Por iso non podemos deixar o noso corpo, a nosa vida, nas mans duns cirurxiáns tolos. Con isto quero dicir que se queremos saír da crise, non sería mellor manter o básico para que logo non nos custe tanto recuperar o perdido.

En concreto, eu quería falar dos recortes que se queren facer en canto as artes nas escolas públicas. Xa que, hai só uns días, comentábamos en clase que para o ano que ven non poderemos continuar os nosos estudios de música, plástica ou tecnoloxía. Coma eu, moitos dos meus compañeiros están en completo desacordo con esta reforma e desgústanos moito a idea de ter que deixar de dar algo que tanto nos gusta e nos axuda en tantas cousas, coma na concentración, a ser constantes, a traballar en grupo e integrar os alumnos, a estudar o resto de sinaturas, a desenrolar a nosa creatividade, a mellorar a nosa disciplina e, sobre todo, que nos dá unha satisfación indescriptible. Por todo iso, eu penso que o único que sacaremos de todo isto será crear máis deficiencias nos estudos.

España, a diferencia dos países desenvoltos, está facendo unha mala viaxe ó pasado, pero non para aprender dos erros, senón para volver cometer os mesmos. Se un país comeza a quitar as cousas boas que o enriquecen o acabará perdendo todo. Porque, como no exeplo que puxen antes, por moito que custe a loita, é mellor gañala enteiro e con dor que sen unha perna. E cos recortes é o que estamos conseguindo.

E é que a porquería non se limpa escondédoa debaixo da alfombra, como están facendo no noso país, senón facendo un esforzo baixándose a recoller o pó coas persoas que nos gobernan e despois ir tiralo á basura.