11.11.12

A noite que Wendy aprendeu a voar



Este libro encantoume, pareceme moi interesante, ao principio non tanto pero levado unhas páxinas o libro gustoume cada vez máis porque ten  moitas aventuras e intrigas.


O libro trata dunha xoven policía chamada Wendy Aguilar, a que acaba de deixar o seu mozo, Roger Dueso porque el estaba namorado de Andrea Pasqual, a policía de Homicidios. Unha videnta lle dixera a Wendy que ós vinte e tres anos, ía morrer e o día no que cumpre os anos é o día no que sucede todo.
Os policías investigan un homicidio, que leva a moitos misterios, como levalos a descubrir un magnífico tesouro roubado sobre a epoca nazi...

A moza policía, Wendy,enfróntase con asasinos moi perigosos, terá que correr, loitar para non morrer e facer uso da pistola onde coñece a valentía, cousa que ela non se imaxinaba.