14.11.12

ACOSO ESCOLAR.

Mónica, unha moza de 16 anos de orixe ecuatoriano, sufría acoso escolar e dicía sempre que non quería ir a clase e, de feito, tiña moitas faltas de asistencia. Aseguraban que non a deixaban entrar ao baño, era burlada por levar roupa usada e impedíanlle coller asento no autobús escolarMónica tiña medo de asistir ás clases.

Según o que dixeron os pais, pediron un cambio de instituto para a rapaza fai un ano, aproximadamente, por graves problemas de convivencia cos seus compañeiros. O conselleiro de educación explicou que elaborou un informe no que NON determinaba un caso de acoso escolar para poder cambiala de instituto. Denunciaron ó xefe de estudios e ó orientador da súa filla, porque non viron motivos para aceptarlle o cambio de centro.

Mónica, intentou suicidarse na súa propia casa o pasado fin de semana, e onte morreu despois de estar na UCI do "Hospital General de Ciudad Real" clínicamente morta aínda que conectada a un respirador artificial.