11.11.12

Avionista e feminista de primeira

Amelia Earhart -115 anos da súa morte- foi unha importante aviadora estadounidense, nada en Kansas no 1897 e desaparece nalgún lugar do océano pacífico sur co seu acompañante -xa que quixo ser a primeira muller en dar unha volta arredor do mundo sobrevoando a liña ecuatorial- no ano 1937; é moi coñecida tamén polas súas marcas de voo. Unha das cartas que lle escribía o seu marido foi:

                                   "Por favor, debes saber que son consciente dos perigos, quero facelo porque o desexo. As mulleres deben intentar facer cousas como o fixeron os homes. Canso eles fallaron os seus intentos deben ser un reto para outros"
     
                           
Amelia xa dende moi nena era unha rapaza inqueda e audaz, que facía actividades das que se consideraban de homes, como escalar árboles, matar ás ratas cun rifle e recortar fotos de mulleres dos xornais que sobresaían en actividades que eran de homes; aínda que tiña unha vida acomodada*

Foi en 1908 cando viu o seu primeiro aeroplano, nas súas memorias escribíu sobre este avión o seguinte: era unha cousa feita e cables oxidades e madeira, nada interesante. *,cosa que desmellorou polo alcoholismo do seu pai e o despedimento do seu traballo, polo que se mudou cá súa irmá e nai a Chicago no ano 1914.

Foto de Amelia
Pasou a Primeira Guerra Mundial facendo como voluntaria labores de enfermeira. No 1920, a súa familia reuníuse en California, onde asistiron a un espectáculo aéreo; Amelia quedou prendida dos avións. Conseguiu que a levasen a bordo dun biplano, sobrevoando 10 minutos sobre Os Ánxeles, isto fixo que despois se dedicara á aviación declarando que: "axiña que como despegamos eu sabía que tería que voar de agora en adiante."

As súas primeiras clases tomounas con outra piloto pioneira: Anita Neta Snook -que non confiaba moito en Amelia como piloto-. Nese tempo logrou adquirir o prototipo dun aeroplano ao que ela chamaría "o canario" e con o cal tivera algúns accidentes. En outubro de 1922 consegue o seu primmer record de altitude... ao voar a 14.000 pés de altura !!

Deixou a aviación por un tempo e comprouse un automóvil ao que lle chamou "o perigo amarelo", xa que era novidade nese momento e se interesaban por ela.

En 1925 uníuse á Asociación Aeronáutica Nacional. Puxo diñeiro para construír unha pista de aterraxe e vendeu o seu vello amigo "o canario" e promoveu a aviación, especialmente nas mulleres. Con todo isto foi sendo recoñecida e a facerse un nome na sociedade, o Boston Globe recoñecíaa como unha das mellores pilotos dos EEUU.

No ano 1927 recibe unha chamada que cambiaría a súa vida: o capitán H.H. Railey que lle preguntou se quería ser a primeira muller en cruzar o Atlántico. Este a chamou Lady Lindy, polo seu parecido con Charles Lindbergh. Amelia fora preguntado  por un editorialista de Nova York, Geroge Putnam, que a admitiu como a muller para a viaxe e ela aceptou coa condición de ir como pasaxeira; foi nomeada comandante do voo e os que pilotarían á chamada "Amizade" -un trimotor: Fokker F7- serían Wilmer Stultz e Louis Gordon.

Despegaron o 3 de xuño de 1928 cara Nova Escocia, logo de esperar un mellor clima, fixérono ata o 18 rumbo a Europa. Chegaron ao sur de Gales -xa con pouca gasolina- e non a Irlanda como fora planeado. Amelia recoñeceu que todo o traballo fora feito polos pilotos, pero os reporteiros ignoraron este comentario de Amelia -como aos pilotos- e abordárona e máis recibiu felicitacións do mesmo Coolidge.

A súa fama creceu nos medios de comunicación e comezou a dar presentacións públicas grazas a Putnam, xa que a axudou a publicar o seu libro "Twenty Hours, Forty Minutes" e acompañábaa a todas partes; acabaron casando.

Continuou impulsando a aviación entre as mulleres, organizou unha carreira aérea para mulleres a través do país no ano 29, dos Ánxeles a Cleveland, chamada the Powder-Puff Derby. Fundou a organización noventa e nove, xa que estaba formado por 99 nembros e asúa primeira preseidente.

Un ano despois axudou e foi presidenta das relacións púplicas dunha aerolínea ente NY, Philadelphia e Washington DC. Aínda que seguiu a actuar como piloto: crebou macas de velocidade para mulleres.

Faro en honor a Amelia Earhart,
reparado logo da Segunda
Guerra Mundial.

Logo nunha das súas viaxes (recorrer o Pacífico) o mal tempo, enfermidades, cansancio, a escaseza -cada vez máis- do combustible e coas transmisións curtas non se podía saber a súa posición polas mensaxes breves. Cara ás 21:30 determinaron que o avión puido haberse estrelado no mar e comezou a procura, aínda que non atoparon nada. Os expertos declararon que o avión podría flotar debido aos tanques baleiros e, o presidente Roosevelt, mandou 9 barcos e 66 avións -costando 4 millóns de dólares-. O rastrexo foi abandonado. O marido buscou axuda para continuar pero as esperanzas de atopalos foron inexistentes. Construíron un faro no ano 1939 na illa Howland na súa honra.


Se queredes máis información vos poño un par de videos, do canal Historia, que nos amosan como foi Amelia, para que vos fagades unha idea, e datos algo máis sinalados. Aqui déixovos a segunda parte do video que non me deixou engadilo:
www.youtube.com/watch?v=2DwFCC-rT2g