12.11.12

Corredores de sombra.

Este libro é do escritor Agustín Fernández Paz, eu xa  o coñecía doutros libros como cartas de inverno, o raio veloz libros que xa lera hai dous anos. Naceu en 1947 en vilalba. É un escritor de literatura galega. No 2008 ganou o premio nacional de literatura infantil e xuvenil.

A protagonista chamase Clara Soutelo, é unha rapaza de 15 anos. A historia comenza o verán de 1995  nun pazo da súa familia. O seu pai  restauro o pazo para poder vivir nel. Mentras que se facía a restauración descubrese un cádaver que tiña máis de 50 anos. Este suceso faille preguntar a Clara moitas cousas, eso significará que vai empezar a investigar, atopandose que ía ter que remover o pasado da súa familia.

Se queredes  saber máis tedes que ler o libro.