11.11.12

O lago das Pontes



Esta entrada que vou facer sobre o lago de As Pontes vai adicada sobre todo a unha compañeira da clase chamada Sara que di que o lago de As Pontes é radiativo!!! jajaja Pero eu ben sei que o o lago é sano e que é unha das mellores cousas que puido facer o concello de As Pontes para que nós, os máis pequenos e incluso os maiores poidamos disfrutar, no verán ou nos días que faiga bo tempo, dun relaxante baño.

O lago de As Pontes, como xa supoño que sabedes, é un lago artificial feito onde antigamente había unha mina de lignito co cal se abastecía a central hidroeléctrica das Pontes. 
Unha vez que o lignito se acabou, tras 31 anos de extracción, a empresa que extraía ese mineral propúxolle á Xunta de Galicia e ao Concello facer un lago no lugar onde estivera situada a mina.


Para enchelo, á parte da auga da choiva, fíxose unha canle de 3 km que aportaba auga do río Eume que trouxo peixes como troitas, espinosos, etc (se viven é porque non hai contaminación). Ademais, a aportación de 90.000 toneladas de area permitiu construír una praia de casi medio quilómetro de largo na parte máis cercana a As Pontes, e incluso a zona noroccidental formouse como reserva ornitolóxica e zona de observación de aves.




Sei que Sara, por exemplo, di que o lago ten auga radiactiva e todo porque ten envexa de non ter un lago así de bonito nun pobo igual de bonito e porque este lago ten varios récords entres os que destacan que é o lago máis grande da Península Ibérica e o máis profundo de Europa. Este si que é un bo lago que pdemos obter máis información con este vídeo.

Sara, agora xa podes aceptar que é un gran lago e que eu tiña razón!!!!!