27.11.12

Eu de maior quero ser...

Non, non pensedes que vou contar o que quero ser de maior e tampouco vou contar unha historia larga que ata pasedes dela.
 
O título en realidade é o do libro que estiven lendo fai uns días para a avaliación de Linga Galega.
Trata sobre Ainhoa, Cris, Fran, María e Miguel que son cinco universitarios que viven nun piso da rua Casa Reais na Cidade Vella compostelana e que están a punto de finalizar a carreira, excepto o último, ao que lle falta un curso. As diferencias en canto a madurez, expectativas ou extraversións non impiden un ambiente de franca camaradería e ansias revolucionarias ás que se intuye ao final. Este final é en realidade o camiño da transición da adolescencia á vida adulta, con todos os medos e incertidumbres que acarrea.
Como se mostra na obra, non todos serán capaces de facer realidade as ilusións creadas e habrá quen consiga o éxito persoal, quen quede só con o profesional ou quen se estanque nunha tranquila mediocridade.

 A pesar da boa relación entre o grupo, quedan escondidos, grazas aos silencios cómplices ou á falta de perspicacia dalgún deles, paixóns enterradas ou sexualidades heterodoxas que non se é capaz de sacar á superficie. En conxunto, a novela representa unha viaxe ao "modus vivendi" dos estudantes de Santiago e a un período vital imposible de esquecer, pero que non volverá. No texto se reflexan os temas que máis preocupan aos cativos como as dificultades de alcanzar a estabilidade afectiva, os problemas da vivienda, do traballo e a incertidumbre do futuro.

Espero que leades este libro, porque a min polo menos, deume ideas do que eu si quero no meu futuro!