2.11.12

Futuro Imperfecto

Nunca nada é o que esperas. Iso é unha das moitas cousas nas que recapacitei con este libro. As ilusións, o futuro e os teus propósitos de vida poden cambiar por unha simple decisión.

Xulia, a escritora desta novela, conta a súa propia vida. Todo comeza cando o amor e as drogas chegan a ela. Anos oitenta, unha rapaza de dezasete anos, soa en Santiago, con todo un mundo e vida por explorar. En Vigo coñece a Nico e dende o primeiro momento no que encóntrase coa mirada azul penetrante del, ambos souberon que non se volverían a separar.

Nico, tiña vinte e tres anos cando coñeceu a Xulia e facía uns meses que estivera detido por consumo e tráfico de drogas. Unha mirada atlántica e profunda que nunca se separaría del nin nos peores momentos.
Xulia xa tivera algún contacto co haxix pero, todo comezou cando ambos comezaron a picarse heroína.



"Nunca tíñamos droga abonda". Sorprendeume ese forma con que a autora conta, de forma explícita e co máis mínimo detalle, os feitos máis escuros da súa vida. Dende os momentos nos que se pinchaba a escondidas no traballo para poder volver ao estado "normal" como o nacemento da súa filla Lucía pasando polas épocas de mono.

1985. A SIDA. Esa enfermidade con maiúsculas. Rod Hudson anunciaba publicamente que padece esa enfermidade. Eles estaban casi rehabilitados, levaban meses nun centro e esa noticia caeu como unha losa en todos os que alí estaban. "Futuro Imperfecto", eso foi o que tiveron eles. Cantas ilusións e proxectos de vida esvaecéronse ao caer no escuro mundo da droga e da vergoña.

No libro atópanse citados bastantes versos de Lois Pereiro e fai mención tamén dun libro chamado o xantar espido, ecrito por William Burroughs, no que se plasma a través de anotacións tomadas por el mesmo o seu problema coa heroína. É un libro fantástico pero había momentos nos que me costaba seguir lendo pola cantidade de sentimentos que ofrece e o dura que é a historia.