27.11.12

Igualdade de xénero

Como recentemente nos falaron da violencia de xénero, a que trata o tema da igualdade, decidín facer unha entrada na que vos vou contar como nos tempos onde non existía esa igualdade, pero nalgúns casos sí; poñereivos un par de exemplos mesmo da miña familia.

Contareivos isto porque ademáis de que as miñas avoas -todas aínda vivas e dando guerra!- son unhas grandes mulleres loitadoras do que máis querian. Na que todos colaborasen e que, máis tarde, se souberan defender ante a vida e os seus problemas e o que ainda lles queda por acontecer. Uns valores éticos de cómo hai que actuar, sen pasarse: igualdade de condicións para ambos sexos.

Isto amosa cómo debería ser todo.


Empezarei por parte de pai.
A súa avoa Efigenia naceu no 1922, polo tanto recibiu unha educación machista. Ela quedouse sen pais dende moi nova, como consecuencia tivo que empezar a traballar no campo, un traballo realmente duro, dende os nove anos. Tivo que aprender a saír adiante ela sóa.
Cando meus avós se separaron a miña bisavoa queouse a cargo do meu pai. Ensinoulle a facer as tarefas do fogar e a valorar ás rapazas, máis que ensinarlle colleu o exemplo. Así o meu pai creceu sabendo que tanto os homes como as mulleres están en igualdade de condicións e non as desvalorou nunca.


Agora vos contarei o caso por parte da miña nai.
A nai da miña, Guillermina, naceu no ano 1945. Despois do seu divorcio e actualmente con parella, tivo que sacar aos seus fillos adiante ela soa. O fillo traballando, día e noite, calquer traballo que puidera o collía por duro que fose. Na casa eran en total seis na casa, dous das cales eran nenas. Mina estaba todo o día fóra da casa, e os meus tíos e máis a miña nai se repartían as tarefas da casa: un facía a cama, outro fregaba, outra barría... Así no día de hoxe todos estes nenos feitos homes e mulleres axudan a cadansúa parella coa casa, có neno e con todo o que poidan axudar. Tense respecto mutuo.

A última filla que tivo a miña avoa Mina, rondará agora os vinte e tantos, xa educada cunha educación de igualdade. Dentro do que cabe claro, porque nesta sociedade as mulleres non imos tan avanzadas. ¿Avanzamos? Home sí, pero aínda nos queda moito por igualar.



Loitemos polo noso!