19.11.12

Normal, diferente.

Este é o primeiro libro que lin neste trimestre, no que un dos seus protagonistas é homosexual.

A historia trata sobre Vera, unha moza namorada de Jan, un compañeiro do mesmo instituto. Ela intenta achegarse a él e pasar todo o tempo posible xuntos. Un día ela decide decirlle todo o que sente por el, pero a resposta non é a que ela quería escoitar: Jan tamén a quería, como amiga, xa que el, era homosexual.
Ela, para demostrar que de verdade o quere, acepta a súa condición sexual, cando seguro un de nós non o aceptaríamos tan fácilmente.

Na vida non todo se pode ter. Ás veces, aínda que queres a unha persoa, non se pode estar xuntos por varios motivos ( unha situación parecida a que eu estou pasando nestos momentos ) . No caso de Vera é porque o rapaz é homosexual, pero aínda que sexa el así ela non deixará de demostrar o aprecio que lle ten non deixará de estar no seu lado, axudándoo en todo.