4.11.12

O diario vermello de carlota

Carlota é unha xoven que está en plena adolescencia e que, polo tanto, tén moitas dúbidas acerca da sexualidade.

Un día, na clase de tutoría comezaron a tratar deste tema, así que decide escribir un diario vermello onde capturar todas as súas dúbidas, resolvelas, e contar as súas experiencias persoais. Simultaneamente Flanagan, un xoven

detective ao que coñece por casualidade na estación do metro, frente a idea de Carlota, decide escribir tamén outro diario, O diario vermello de Flanagan, pero dende o seu punto de vista. Ambos vivirán unha historia sexual que Carlota vainos contar detalle a detalle. Pouco a pouco, ese diario comezará a encherse de información moi útil e, sobre todo, de experenzas inolvidables para Carlota.

É un libro que me encantou. Consegiu chamar a miña atención dunha maneira que ningún libro conseguira. Supoño que será porque está escrito precisamente para iso, captar a atención dos adolescentes, e que tamén aprendan.


Recomendo este libro a todas as nenas que se atopan nese período de edade tan duro como é a adolescencia.

E digo nenas porque, ao ser dous, o de Flanagan e o de Carlota, recomendo que as nenas lean primeiro este e despois o outro, e viceversa. Supoño que así interesaria mais. Aprendín moitas cousas acerca da sexualidad. Bueno máis que aprender, repasar. Calquera que o lea pode chegar a informarse moito e moi ben sobre ese tema.




Christiane Tchoua 4_A