9.11.12

PÁRANSE OS DESAFIUZAMENTOS !!

Como todos xa sabemos e vemos nas noticias case todos os días, os desafiuzamentos nos últimos meses se incrementaron. Isto é un problema grave, é que, perdes o traballo e por non poder pagar a túa casa, a parte de que te botan da túa PROPIA CASA, mándancha pagar aínda que non vivas nela. Isto desencaedou moitos casos de suicidio por depresión, por vergoña...

Pero esto do que vos estou a falar non veu derrepente, senón que é consecuencia dunhas políticas aprobadas polo PSOE, o PP e outros Gobernos; como sobreprotexer á banca (e gañar tempo), o estalido da burbulla, entre outras.

Segundo a Constitución Española, artículo 47: todos os cidadáns teñen dereito a unha vivenda digna e adecuada; polo visto ata o Goberno incumpre a súa propia insitución deixando a milleiros de persoas na rúa.



Xa houbo varias folgas relacionadas co tema dos desafiuzamentos e non había resultados, agora sí: o Goberno e o PSOE tiveron unha reunión o pasado 7 de novembro, para frear esta drama dos desafiuzamentos, pactado polos xuíces.

Este mesmo venres, o secretario de Organización do PSOE -Óscar López- declarou: "Non debe de haber un só desafiuzamento máis en España ata que non haxa unha nova lei"