PREPARÉMONOS PARA O ENTROIDO
O Entroido é unha festa que se celebra en toda Europa
dende épocas descoñecidas. No noso país temos entroidos con moita sona (Laza,
Verín, Xinzo, A Estrada, …), pero é unha festa moi xeneralizada que podes
celebrar en calquera dos concellos galegos, pois en todos se festexa.
Non
se sabe con certeza a orixe desta celebración pero “entroido” semella ter que
ver con “introito ou introdución” que estaría relacionado co inicio da
primavera e o agromar das flores e dos froitos, da natureza. Outra posibilidade
é que teña unha orixe celta e que, coa chegada do Cristianismo, igual que
outras festas pagás que eran antigamente celebradas, fose adaptada e
cristianizada (creo eu). Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado
na despedida dos longos e duros días do inverno, converteuse en “carnaval” e
mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma
que comeza o mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de
Ramos”).
O próximo xoves 31 de
xaneiro celébrase o Xoves de Compadres. Neste día realízase unha pelexa entre sexos: as mozas
fabrican un boneco ou varios bonecos que representa os homes, e elas tentan
queimalo mentres os mozos loitan por llelo roubar. Tamén, ás
veces, os homes persiguen as mulleres para tirarlles fariña. Despois fanse as
ceas de Compadres.
Pero o xoves 7 de febreiro é o Xoves de Comadres. As rapazas podedes tomar a revancha!!! Neste día, ao revés do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios bonecos con feitura de muller e son elas quen loitan por llelo sacar.
Domingo de
Entroido (10 de febreiro): comeza a festa grande e tedes que ter o voso disfraz
preparado se queredes saír porque, se saídes sen disfrazar, as máscaras
meteranse con vós.
Martes de
Entroido (12 de febreiro): en moitos lugares realízase a cabalgata de entroido
onde van os disfrazados que pretenden conseguir un premio. É o momento no que
as comparsas cantan as súas críticas, en moitos casos ao mundo político. Son
grupos de máscaras que repasan a actualidade en clave satírica, mesturando
personaxes reais e míticos.
Mércores de
Cinza (13 de febreiro): é a data na que todo remata, e a escolleita en moitas
vilas e aldeas para enterrar a sardiña.
REALIZADE O VOSO DISFRAZ E PREPARÁDEVOS PARA DISFRUTAR!!!
