25.1.13

Zara dí non á roupa tóxica!

Logo de que fora investigada por Greenpeace, fíxose pública a nova de que Zara era a principal acusada de usar substancias químicas perigosas para fabricala súa roupa. Entón, o grupo ecoloxista puxo en marcha unha campaña para combatir contra tal feito e denunciar a tódalas marcas, como Calvin Klein e Levi's, que se lucran con isto.

A organización asegura que a roupa vendida por estas marcas entre outras, inclúen substancias que poden resultar cancerixenas ou disruptores hormonais, ademais de que son deseñadas para que se estraguen antes e así comprar máis. Por suposto, Inditex o desmentiu, aclarando que realizan controis cos estándares de calidade e seguridade máis esixentes.

A campaña organizada por Greenpeace pide á marca de Inditex que se una á moda sen tóxicos, ésta ten xa máis de 300 000 sinaturas a favor da causa. Ademais de miles de persoas movilizándose polas redes sociais, expandindo a petición por máis de 90 cidades. Unha demanda cada vez máis grande e que esixe unha resposta da multinacional.

Finalmente, despois dunha semana en funcionamento, o grupo Inditex, aceptou o acordo con Greenpeace, comprometéndose a eliminar o uso de tódalas substancias químicas perigosas de toda a súa cadea de suministro e a ofrecer información sobre os vertidos de tódolos seus proveedores. Todo isto para un total de oito marcas: Zara, Pull & Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home e Uterqüe.