15.2.13

Estar mal con 5.100€ ao mes?

A min paréceme incrible que un deputado diga palabras textuais :"gano unos 5.100 euros al mes y las paso bastante canutas",porque cobra un 35% menos que anteriormente.
Estas declaracións chearon moitos periodicos de toda España con multitudes de titulares.
Esas palabras tiveron moita repercusión co pobo, e moita xente sentiuse ofendida porque pareceulles incrible que un un deputado do PP estivera descontento cobrando o que cobra.

Noutras declaracións posteriores, quixo perdir disculpas porque o que se referia era que comparado co que cobraba antes que era un 35% mais notase a diferenza.

Eu creo que é un privilexiado xa que moitas persoas sobreviven ao mes con menos de 300 euros aínda que pareza incrible e fan verdadeiras maravillas.
Aínda bo é que se desculpou porque senón seguiria o debate...

SE QUERES SABER MÁIS PREME AQUÍ