5.3.13

A dieta mediterránea é boa para a saúde.



O outro día na clase de Fogar vimos no xornal unha noticia moi interesante, sobre a dieta mediterránea e as súas vantaxes de previr algunhas enfermidades como o infarto de miocardio.
Segundo o investigador xefe Ramón Estruch a dieta mediterránea é capaz de reducir un 30% o risco de sufrir enfermidades cardiovasculares.
 Aconsellou tomar menos carne vermella e máis peixe e carne branca (coello, polo...), máis froitos secos, verduras, legumes, etc.Tamen é aconsellable tomar nas comidas unha copa de viño (preferiblemente tinto) e unha cullerada de aceite de oliva extra virxen.
Estamos acostumados a querer comer rápido e inadecuadamente, e iso non é de todo saudable, "Os resultados do estudo explican, en parte, a menor mortalidade cardiovascular nos países mediterráneos en relación cos países do norte de Europe e con Estados Unidos" segundo di a revista científica "New England Journal of Medicine" na cual explicouse a efectividade da dieta mediterránea co obxectivo de que empezase a aplicarse no resto do mundo.