12.3.13

Intocable

Intocable, "Intouchables" (2011), é unha película de comedia dramática na que se presentan dous mundos <>, o intelectual e o vital, nos cales, Driss representa o marxinalismo e a vida máis sinxela, mentres que Philippe representa a riqueza e a cultura. Durante a súa convivenza, ambos aprenderán cousas un do outro, o que lles axudará a mellorar as súas vidas e a ser máis felices.

Deste xeito, esta película fai un percorrido aos perxuízos mediante etiquetas que lle poñen ás mulleres, aos discapacitados, aos negros... Por exemplo, relacionado con isto, unha das cousas que máis me chamou a atención foi cando Driss di que el non vai poñerlle as medias a Philippe porque iso é cousa de mulleres, ou cando, ao enterarse Driss de que unha das coidadoras de Philippe era lesbiana, non lle quere dar un bico, só lle da unha palmada no ombreiro.

Pero isto, por desgraza, non é máis que unha mostra da realidade. Xa que se fixeron documentais preguntando a nenos cal era o boneco máis bo, o branco ou o negro, e a resposta sempre era: o branco. Por outra banda, a famosa Marta de "Gran Hermano" dremostros sentir vergoña polo seu idioma, o galego, xa que menosprezaba ós mozos que falaban en galego porque pensaba que eran máis brutos ou ignorantes.

Eu penso que este tipo de clichés fan moito dano na nosa sociedade, crean rivalidade e desigualdade. Soamente se todos chegásemos a comprender que unha persoa é máis que unha presentación e que todos temos qeu ser distintos, poderíamos cambair esta situación. Porque, ser distintos, ademais de complementarnos, é a maneira de que este mundo funcione e siga existindo a vida.