10.3.13

Mecanoscrito da segunda orixe

Casa sempre que lin un libro comentei o moito que me gustara, pero hoxe toca facer unha crítica. Mecanoscrito da segunda orixe, en verdade, é un libro entretido pero non me aportou nada. Está ben para pasar un bo rato, non te aburre pero o considero demasiado fantástico e poco creíble.

Cóntanos a historia de dous rapaces, Alba e Didac, que por un raro ataque extraterrestre quedan sós no mundo. Eles teñen que acostumarse a vivir sen electricidade nin todas as comodidades que temos na actualidade temendo que volvan os extraterrestres a por eles. Sobrevivíron porque durante o ataque estaban sumerxidos na auga e non os afectou o raio paralizante dos alieníxenas. Móstranos os contratempos que teñen durante a procura de outros seres humanos e como van medrando, pasando de ser uns rapaces inocentes de catorce e nove anos a dous adultos cheos de sentimentos. 
Mestura unha historia de ciencia-ficción cunha novela de carácter romántico, dando lugar a unha historia un tanto estrafalaria. Sempre está ben ler libros que non nos gustan ou non son do noso estilo para coñecer outros tipos de novelas, pero eu recomendo este libro para quen lle guste as novelas futuristas e de ciencia-ficción.